Saturday 27 de April de 2024

O Concello organiza ‘Todas a unha!’ un encontro de mulleres emprendedoras, autónomas e empresarias de Ortegal


• A xornada enmárcase dentro da programación municipal polo 8M e terá lugar o 25 de marzo ás 16:30 horas no centro social de San Adrián.

• Para asistir é necesario reservar praza antes do 23 de marzo.

O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Igualdade, organiza para o sábado 25 de marzo, dentro da programación municipal polo 8M, Día da Muller, a actividade ‘Todas a unha!’, un encontro de mulleres emprendedoras, autónomas e empresarias da comarca de Ortegal.

A xornada terá lugar o sábado, 25 de marzo, ás 16:30 horas no centro social de San Adrián e para asistir é necesario reservar praza antes do 23 de marzo. A inscrición pode realizarse por correo electrónico en cim@concellodeortigueira.com ou no teléfono 981 400 000 (contacto Ana Dopico e Rocío Blanco).
Esta iniciativa, financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten o obxectivo de abordar necesidades e retos pendentes ademais de compartir proxectos profesionais para xerar sinerxias.